O Cupón Fin de Semana do ONCE reparte 640.000 euros na provincia da Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2021 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

O Cupón Fin de Semana do ONCE repartiu 640.000 euros na Coruña, en 32 cupóns premiados con 20.000 euros cada un no sorteo do domingo, 17 de outubro.

O vendedor Rubén Guerrero López repartiu 440.000 euros en 22 cupóns agraciados con 20.000 euros cada un, os cales comercializou desde a súa ruta de venda en O Val, Meirás, e Valdoviño.

Pola súa banda, na Coruña, Bajrudin Dogo Sahman repartiu 200.000 euros en 10 cupóns premiados, desde o seu quiosco da rúa Ángel Senra, na Coruña. En total, o Cupón Fin de Semana do ONCE repartiu en Galicia 640.000 euros.

O Caldo Galego é imaxe dun Cupón da Once. ONCE
O Caldo Galego é imaxe dun Cupón da Once. ONCE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta