Novas protestas do sector da perruquería que pide a rebaixa do IVE ao 10%

Critican a "actitude intransixente" do PSdeG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/10/2021 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O colectivo "REBELIÓN DAS TESOIRAS ROTAS", do sector da estética e da perruquería, iniciaron unha nova campaña reivindicativa para denunciar a "actitude intransixente"do Partido Socialista e a promover o seu cambio de posición para incluir a baixada do IVE reducido no sector da imaxe persoal nos vindeiros Presupostos Xerais do Estado para 2022.

Protesta do sector da perruquería e estética en Santiago demandando a baixada do IVE ao 10%
Protesta do sector da perruquería e estética en Santiago demandando a baixada do IVE ao 10% | Fonte: remitida

Con frases como “NON MÁIS VETOS, SÍ MÁIS VOTOS”, “O IVE XERAL, ERA

TEMPORAL”, O PSOE VÉTANOS, NÓS VOTAMOS" ou “SE ESTABA APROBADO,

¿POR QUÉ O TEDES VETADO?”, as profesionais da imaxe persoal protestaron este luns na Praza do Obradoiro  polas "reiteradas inxustizas cometidas polo PSOE e os seus vetos antidemocráticos" nas votacións apoiadas por todas as forzas políticas con representación parlamentaria no Congreso e o Senado coa súa única excepción.

O colectivo critica que non se teña en conta a moción aprobada o pasado 22 de setembro co apoio de todos os grupos parlamentarios do Senado, coa excepción do PSOE, que instaba ao Goberno a incorporar a baixada do IVE á imaxe persoal nos Presupostos Xerais.

Así, a través dun comunicado, indica que esta recuperación do IVE ao 10% pode axudar a máis de 20.000 salóns de perruquería e estética e a os máis de 47.000 postos de traballo, especialmente femininos, de mozos e autónomos, que están en risco de desaparición por un IVE elevado. "Consideramolo coma un servizo considerado esencial", di ao lembrar que, pola crise provocada pola pandemia e a suba incontrolada do prezo da luz, os salóns de estética e de perruquería están traballando ao 52,7% da súa actividade cotiá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta