Gonzalo Caballero revindica o seu apoio a Sánchez hai catro anos e acusa a Formoso de desertar "de actos con el"

"Todos os socialistas estamos co goberno e sabemos a importancia que ten que haxa un goberno progresista", incidiu o aspirante á reelección como secretario xeral do PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2021 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu a reivindicar que estivo aliñado co líder do PSOE, Pedro Sánchez, hai catro anos nas primarias nas que se impuxo a Susana Díaz cando "houbo baronías" en Galicia que "tentaron decapitar" ao agora presidente do Goberno co que os socialistas pecharon filas no Congreso Federal celebrado este fin de semana en Valencia.

Unha cita da que, cuestionado en rolda de prensa este luns, Caballero extraeu unha conclusión positivo pois, ao seu xuízo, serviu paa "mostrar músculo", "capacidade de acción" e o "respaldo" que ten "todo" o partido ao Goberno que preside Sánchez.

"Todos os socialistas estamos co goberno e sabemos a importancia de que haxa un goberno progresista", incidiu o aspirante á reelección nas primarias do próximo 30 de outubro, que volveu a reinvidicar que apostou por "o proxecto" de Sánchez no proceso interno no que recuperou a dirección do partido no ano 2017.

"Fai catro anos algúns impulsamos o proxecto de Pedro Sánchez no que agora está todo o partido", aseverou Caballero, que acusou veladamente ao seu adversario nas primarias, Valentín González Formoso, de aliñarse co sector contrario a Sánchez naquel proceso interno.

É máis, Caballero acusou ao presidente da Deputación coruñesa e responsable do PSOE provincial de desertar "" nun mitin celebrado na Coruña na campaña das últimas eleccións xerais. "Houbo quen non quixo estar en actos con Sánchez", espetou Caballero, que puxo o acento en que "cada quen se retrata" con "onde quere estar e onde non".

"PLENA SINTONÍA" CON SÁNCHEZ

Así mesmo, o secretario xeral dos socialistas manifestou que o encontro mantido con Sánchez durante o Congreso Federal houbo "plena sintonía" co líder do partido, a quen trasladou a vontade de que "o socialismo galego contribúa ao proxecto federal".

Ademais, valorou a participación no conclave federal dos expresidentes do Goberno Felipe González e José Luís Rodríguez Zapatero, á vez que descartou que o achegamento a González supoña unha aproximación cara ao modelo de 'baronías' que Caballero atribúe a Formoso.

"Felipe González foi un magnífico presidente do Goberno que tranformó o país e esa historia hai que pola en valor", aseverou Caballero. "Estou orgulloso do meu partido. De González, de Zapatero e de Sánchez. Eu non quero recuperar o orgullo de ser do PSOE porque nunca se perdeu", apostilou.

Gonzalo Caballero en rolda de prensa no Parlamento. PSDEG
Gonzalo Caballero en rolda de prensa no Parlamento. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta