O PSdeG insta a Feijóo a condenar as palabras do alcalde de Vilanova de Arousa sobre Carmela Silva

Gonzalo Caballero incide en que o presidente da Xunta debe "deixar de porse de perfil".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2021 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a rexeitar publicamente as declaracións do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, sobre a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, polas que foi condenado xudicialmente.

Este luns nunha rolda de prensa celebrada na Cámara autonómica, o responsable do Partido Socialista incidiu en que Feijóo debe "deixar de porse de perfil" e condenar publicamente as manifestacións do rexedor arousán.

Durán foi condenado o pasado mes de xuño por chamar "chacha para todo do ancián Caballero" á presidenta da Deputación de Pontevedra. A condena foi ratificada a pasada semana pola Audiencia Provincial pontevedresa, que desestimou o recurso do alcalde, quen xa manifestou a súa intención de levar o asunto ao Supremo ao considerar que as declaracións entran dentro do dereito á liberdade de expresión.

"É hora de que Feijóo deixe de porse de perfil e poña o feminismo e a dignidade política por encima do PP", aseverou Caballero, que acusou aos populares de manter "políticas vexatorias cara ás mulleres" representadas "na caverna" que, di, exemplifica Gonzalo Durán.

Gonzalo Caballero en rolda de prensa no Parlamento. PSDEG
Gonzalo Caballero en rolda de prensa no Parlamento. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta