Formoso sinala a Caballero: "Se algún compañeiro non entendeu o que pasou en Valencia teremos un problema"

Fíxoo despois de que, de forma velada, o secretario xeral do PSdeG o acusase de aliñarse co sector contrario a Sánchez no proceso interno que houbo para a elección do secretario xeral do PSOE.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/10/2021 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O secretario provincial dos socialistas coruñeses e aspirante á Secretaría Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, apelou á mensaxe de unidade do congreso celebrado polo PSOE en Valencia, á vez que, ante as críticas do seu opoñente no proceso de primarias, o actual secretario xeral, Gonzalo Caballero, pediu "respecto interno".

"O discurso unánime de toda as federacións e do noso secretario xeral é de unidade e de respecto interno para que nos respecten no exterior". "Se algun compañeiro, por moi candidato que sexa, non entendeu nada do que pasou en Valencia terá que analizalo, se non teremos un problema", engadiu.

Fíxoo despois de que, de forma velada, o secretario xeral do PSdeG o acusase de aliñarse co sector contrario a Sánchez no proceso interno que houbo para a elección do secretario xeral do PSOE. Ademais, reprochoulle desertar "nun mitin celebrado na Coruña na campaña das últimas eleccións xerais.

Fronte a estas críticas, manifestou que a súa candidatura vai seguir "falando respectuosamente" e "confrontando proxectos, non persoas nin compañeiros". "Hai que integrar, estamos aquí para sumar aínda cos que pretendan restar no proceso primarias", sentenciou. Por outra banda, e fronte ás críticas que o sitúan na 'dereita', dixo que el é "fillo de primarias" e rexeitou "conceptos trasnoitados" ou "clichés" como os das baronías.

Mentres, xustificou a súa ausencia na reunión que Gonzalo Caballero convocou con membros do partido no congreso de Valencia. Así, expuxo que participaron nas delegacións provinciais "tal e como din os estatutos do partido". "En cumprimento dos estatutos, acudimos á reunión da delegación da provincia para coordinar o noso traballo nas distintas comisións".

LEMA DA CAMPAÑA

Por outra banda, Formoso presentou este martes, a 11 días da celebración das primarias, a lema da súa campaña: 'sumar para avanzar'. "É máis que unha lema, é toda unha declaración de intencións porque representa o modelo de partido que queremos".

"Un PSdeG que conte con todos e todas e que aspire a gobernar Galicia", sentenciou, indicando que o modelo do congreso de Valencia e "ese espírito" é o que quere para o PSdeG e para Galicia.

O secretario provincial coruñés do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, xunto ao secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, no Congreso Federal de Valencia.. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
O secretario provincial coruñés do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, xunto ao secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, no Congreso Federal de Valencia.. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta