Galicia non rexistra ningún falecemento por covid-19 este martes

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/10/2021 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

O Sergas notificou que non se rexistrou ningún falecemento por covid-19 en Galicia na xornada deste martes.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

Así, a cifra oficial de mortos por covid-19 no territorio galego mantense en 2.648, despois de informarse onte de dous falecementos.

Unha das mortes produciuse o pasado sábado, 16 de outubro. Trátase dunha muller de 85 anos da residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo, falecida no Chuvi.

O outro óbito tivo lugar o pasado domingo, 17 de outubro. A falecida é unha muller de 90 anos, cuxa defunción tamén ocorreu no Chuvi.

Ambas as dúas contaban con patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta