Continúan as andainas contra eólicos, desta volta para defender o Monte Xalo e o Val da Barcia

Máis de 50 persoas percorreron o Val da Barcia e o Monte Xalo para informar sobre o proxecto e pór en valor o patrimonio arqueolóxico e natural da zona.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/10/2021 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Máis de 50 persoas dos concellos de Culleredo, Cerceda e Carral veñen de participar no roteiro organizado pola Asociación "Salvemos o Val da Barcia e o Monte Xalo" no que non só informaron á veciñanza de onde irían situados os aeroxeradores que conformarán o P.E. As Encrobas; senón que fixeron unha visita ao patrimonio arqueolóxico da zona para pór en valor as mámoas e petróglifos existentes, así como varios mananciais que nacen na ladeira do Monte Xalo e que deitan o seu caudal no río Barcés.

Parque eólico de Greenalia en Vimianzo
Parque eólico de Greenalia en Vimianzo | Fonte: Greenalia.

Patrimonio natural e arqueolóxico que, sinalan dende a asociación, podería verse moi prexudicado polo complexo eólico proxectado e promovido pola Empresa Naturgy. Unha das propostas que saíu comentada no roteiro, destacan,  foi a de solicitar que o Concello de Carral se fusione co Concello da Baña, Concello que en abril de 2021 se declarou libre de parques eólicos. Esta proposta foi "aclamada por unanimidade, entre a gran ledicia das asistentas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta