As eleccións "irregulares" no Colexio de Médicos da Coruña chegarán ao TSXG

A ala crítica do Colexio asegura que levará as eleccións de 2019 ao tribunal logo de que un xulgado da Coruña desestimara a demanda.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Continúa a lea legal no seo do Colexio de Médicos da Coruña. Unhas xornadas atrás, un xulgado da Coruña desestimou a demanda interposta por un dos facultativos contra as últimas eleccións celebradas, denuncian que se incumprira a normativa reitora do proceso electoral. A negativa do xuíz non vén de frear os intentos de parte do colexio, que aseguran que levarán ao TSXG o que consideran unha irregularidade no funcionamento interno da entidade.

O presidente do Colexio de Médicos da Coruña, Luciano Vidán.. COLEXIO DE MÉDICOS DA CORUÑA - Arquivo
O presidente do Colexio de Médicos da Coruña, Luciano Vidán.. COLEXIO DE MÉDICOS DA CORUÑA - Arquivo

As eleccións á presidencia do Colexio tiveron lugar hai agora dous anos, en outubro de 2019. Entón competín dúas candidaturas, das que unha --a de Abel Vázquez-- caeu pouco antes de celebrar os comicios. Xa entón denunciaron irregularidades na proclamación das candidaturas, “contravindo o previamente establecido” polo Pleno da Xunta Directiva.

Porén, a xustiza pensou entón que, ao non presentarse efectivamente ás eleccións, esas irregularidades non tomaron forma, xa que a única candidatura recollida pola xustiza foi a de Luciano Vidán, que repetiría á cabeza do Colexio. É dicir, que ao non darse un auténtico concurso electoral, non se manifestaron as supostas irregularidades.

Dende a ala crítica do colexio pensan distinto, e aseguran que Abel Vázquez si ten base legal para impugnar as eleccións e pedir unha repetición do proceso. Nun documento remitido ao Galicia Confidencial aseguran que as aparentes irregularidades se trasladaron tamén á validación do voto por correo. Finalmente, subliñan que Abel Vázquez continuará coa loita legal contra estas eleccións ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta