Como facer pizzas de froita, boliñas antiestrés ou castañas para torta

Os máis cativos poderán participar en talleres creativos e culinarios esta finde semana en Pontevedra. Son obradoiros gratuitos para nenos de entre catro e 10 anos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/10/2021 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O programa de animación e lecer infantil O Ganapán, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo no primeiro andar do Mercado de Abastos, desenvolverá esta fin de semana unha nova oferta de talleres nos que os máis pequenos poderán "amosar a súa creatividade e as súas habilidades culinarias", sinalan dende a concellería.

Castañas para o Magosto
Castañas para o Magosto | Fonte: mundohr.com

Así, este sábado 23, no Espazo Gastro, os rapaces terán ocasión de elaborar unha receita de pizza de froitas, "saudable e divertida", mentres que no Espazo Crea confeccionarán boliñas antiestrés customizadas coma personaxes. Xa o domingo 24 empregarase un produto de tempada outonal como a castaña para preparar tortas e deseñar espantallos para protexer os hortos.  As actividades realizaranse en dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas, sendo moi aconsellable levar friameira para regresar a casa coas receitas elaboradas.

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, precisa que "tódolos nenos e nenas de entre 4 e 10 anos interesados en participar poderán reservar praza de balde no correo elecrónico oganapan@gmail.com, inscribíndose antes das 16:00 horas do día anterior ao da celebración dos obradoiros". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta