O delegado do Goberno insiste en destacar o investimento estatal e pide á Xunta "traballar con lealdade"

José Miñones argumenta que, sen a implicación da Xunta, estes proxectos non poden ter éxito.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/10/2021 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, instou ás empresas galegas a ser "protagonistas" da transformación de Galicia cos Orzamentos Xerais do Estado para 2022 e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Executivo, durante a súa intervención no pleno da Cámara de Comercio da Coruña.

Mentres, instou á Xunta a "que some" ao argumentar que sen a súa implicación estes proxectos non poden ter éxito. "Por iso é momento de asumir responsabilidades e traballar con lealdade e por Galicia", abundou.

"Represento a un Goberno de acción e por iso a miña intervención conxúgase con dous verbos: investir e colaborar", comezou José Miñones. Na súa intervención, asegurou que o investimento actual é o maior dos últimos anos e a colaboración "será inescusable" para transformar Galicia e convertela nunha comunidade "cohesionada, verde, dixital e igualitaria". "Unha Galicia moderna e social", defendeu.

Ademais, incidiu en "a importancia da colaboración público-privada" para "lograr que os investimentos e axudas respondan as necesidades reais" do tecido empresarial e da cidadanía.

O delegado do Goberno subliñou, así mesmo, o crecemento do investimento dos Orzamentos Xerais do Estado en Galicia nun 29%, ata superar os 1.074 millóns de euros, e o investimento por habitante que ascende a 398 euros, un 45% por encima da media. "Son os orzamentos con maior gasto social da historia". "Galicia está máis que nunca no centro da política do Goberno", recalcou.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, durante a súa intervención na Cámara de Comercio da Coruña. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, durante a súa intervención na Cámara de Comercio da Coruña. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta