Aparece aforcado un narco nunha praia da Illa de Arousa

O home, sen vida, foi atopado en Area da Secada, colgado da torre que utilizan os socorristas.

Por Europa Press / Redacción | Arousa | 20/10/2021 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Un veciño da Illa condenado por narcotráfico foi achado morto na mañá do luns na praia de Area da Secada da localidade arousá.

Praia de de Area da Secada, na Illa de Arousa
Praia de de Area da Secada, na Illa de Arousa | Fonte: Turismo Rías Baixas.

Un alumno que se dirixía ao próximo Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) descubriu o corpo do falecido, Juan Ramón A.D., de 63 anos, colgado da torre que utilizan os socorristas da praia.

O alumno deu aviso de inmediato á Policía Local da Illa quen á súa vez puxo o caso en coñecemento da Garda Civil.

Dáse a circunstancia de que a finais do pasado mes de setembro o Tribunal Supremo confirmara a condena a nove anos de prisión e o pago dunha multa de 17 millóns de euros a Juan Ramón A.D. pola súa participación no intento de introducir media tonelada de cocaína en dous colectores de peixe conxelado a través do porto de Marín.

O caso fora xulgado en 2019 pola Audiencia Provincial de Lugo, quen ditou sentenza de culpabilidade para o arousán.

Juan Ramón A. D. e os outros catro implicados na operación presentaron recurso ante o Tribunal Supremo, que a finais mes de setembro ratificou a condena a 9 anos de cárcere aínda que rebaixou a multa desde os 70 millóns de euros impostos inicialmente pola Audiencia Provincial a algo máis de 17 millóns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta