Sanidade conta con crear 43 prazas para saúde mental dentro dos seus orzamentos para 2022

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explica que esta partida permitirá a posta en marcha de iniciativas para persoas con trastornos mentais asociados a discapacidade intelectual, dano cerebral e persoas con trastorno mental severo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2021 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

As contas da Consellería de Sanidade para o próximo ano 2022 contemplan a creación de 43 novas prazas de persoal de saúde mental, o que supón un aumento orzamentario de 1,7 millóns de euros respecto ao presente exercicio.

Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante a súa visita á nova unidade de psquiatría infanto-xuvenil que se puxo en marcha no hospital de Santiago e que se suma á xa creada no Hospital Nicolás Pena de Vigo.

O responsable autonómico sinalou que o proxecto de orzamentos para 2022 recolle un incremento nos fondos destinados á atención á saúde mental, segundo recolle un comunicado da Xunta.

Entre estas partidas inclúese a citada creación de 43 novas prazas, contempladas para 2022 no Plan de Saúde Mental de Galicia para o período 2020-24, así como un aumento de 1,5 millóns de euros nos concertos con entidades sociais para a atención de pacientes con problemas de saúde metnal.

O Goberno autonómico explica que esta partida permitirá a posta en marcha de iniciativas para persoas con trastornos mentais asociados a discapacidade intelectual, dano cerebral e persoas con trastorno mental severo.

O aumento de fondos aos concertos, remarca Sanidade, "suporá un importante incremento nas prazas concertadas en centros de rehabilitación psicosocial e laboral, pisos protexidos e unidades residenciais".

Ademais, tamén destacan que se incermenta as transferencias a entidades de saúde mental, adiccións e sociosanitarias, que dispoñen nas contas para 2022 de 8,8 millóns de euros consignados, 620.000 euros máis que o pasado exercicio.

Así mesmo, os investimentos en materia de saúde mental soben un 10% ata case os 975.000 euros, aos que se engaden o medio millón de euros que irán destinados á reforma do Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago.

HOSPITAL DE DÍA NO CHUS

Comesaña repasou estas cifras durante a súa visita ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para coñecer o hospital de día infanto-xuvenil, o segundo que se pon en marcha ao amparo do Plan de Saúde Mental, que fixa como obxectivo contar cun en cada área santaria no ano 2023.

Alí, despois de que a entrada en funcionamento o pasado mes da primeira unidade destas características na cidade de Vigo, Sanidade prevé que boten a andar as de Lugo e Ourense antes de que conclúa 2021.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, visita a nova unidade de psquiatría infanto-xuvenil que se puxo en marcha no hospital de Santiago. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, visita a nova unidade de psquiatría infanto-xuvenil que se puxo en marcha no hospital de Santiago. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta