Haberá eólicos preto da miña casa? Xa podes comprobalo neste mapa actualizado

A plataforma Monfero di Non informa dunha web que recolle os principais proxectos aeroxeneradores sobre un mapa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Galicia podería triplicar en poucos anos o total de mw eólicos da Comunidade. Atentando ás cifras do Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), en 2019 instaláronse 4.026 aeroxeradores e unha potencia de 3.900 mw. Actualmente, hai ao redor de 275 solicitudes de novos parques ente Xunta e Estado, unhas cifras que veñen de obrigar á Xunta a lanzar unha moratoria de ano e medio que, porén, vén cargada dunha significativa letra pequena xa tratada polo Galicia Confidencial.

Un dos mapas eólicos elaborados por Monfero di Non
Un dos mapas eólicos elaborados por Monfero di Non

O territorio galego queda así pendente dunha longa listaxe de proxectos que, de aprobarse --co que non contan as principais plataformas do sector-- cambiaría substantivamente a paisaxe de boa parte das zonas da Comunidade. Para comprobar en que medida afecta aos distintos espazos do país, a plataforma Monfero Di Non vén de lanzar unha web recolle os mapas dos principais proxectos eólicos de Galicia e o resto do Estado.

A plataforma, unha das máis activas na confrontación contra estes proxectos, permite segregar a busca de eólicos no mapa por Concello, nome do proxecto e ata Comunidade Autónoma, xa que non todos están en Galicia. Deste xeito, pretenden sensibilizar á sociedade sobre a proximidade dalgúns destes proxectos con núcleos de poboación, unha circunstancia que a Xunta podería atallar coa nova moratoria logo das múltiples mobilizacións veciñais e ecoloxistas.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta