Inés Rey, sobre as contas da Xunta: "Boto en falta investimento en centros educativos e de saúde"

Cualifica de "insuficientes" os Orzamentos: "o que nos expliquen como hai once millóns menos [que outros anos]".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2021 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, cualificou de "insuficientes" os orzamentos da Xunta de 2022 para esta cidade, á vez que reclamou ao Executivo galego a compensación polos gastos derivados da pandemia en competencias que, segundo dixo, non lle correspondían ao consistorio.

A preguntas dos xornalistas, tras a reunión que mantivo co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, Rey valorou a inclusión nestas contas de "algúns proxectos". No entanto, apostilou que "para ser os orzamentos da recuperación" veos "pouco ambiciosos". "Ben porque aparecen proxectos relevantes, pero que nos expliquen como hai once millóns menos", insistiu ao comparar distintos exercicios nas contas autonómicas.

"Boto de menos investimento en centros educativos e de saúde", reclamou tamén a rexedora ao apuntar que o concello asumiu durante a pandemia investimentos de competencias que non son municipais. En concreto, referiuse a a desinfección destes centros. "Cantos euros deu a Xunta para a recuperación da pandemia, cero e temos unha factura Covid de 30 millóns", engadiu sobre os gastos do consistorio nesta materia. "Estaría mellor se se compensase o esforzo das administracións locais", engadiu a este respecto.

Noutra orde de cousas, preguntada sobre as negociacións coa Marea Atlántica para os orzamentos municipais de 2022, ratificou unicamente que seguen as reunións. "Cando se teñan resultados, comunicaranse".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, ofrece declaracións  tras unha reunión na Delegación do Goberno en Galicia. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, ofrece declaracións tras unha reunión na Delegación do Goberno en Galicia. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta