A USC lanza un laboratorio de innovación para fomentar o espírito emprendedor

Este proxecto nace para construír "un punto de encontro e referencia" para actividades neste ámbito.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2021 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentou o Laboratorio de innovación e economía social de Galicia (LIES_GA), un proxecto que nace para "construír e consolidar un punto de encontro e referencia para as actividades" neste ámbito a través de accións de formación, divulgación e asesoramento.

Co obxectivo tamén de fomentar o espírito emprendedor entre a mocidade universitaria, así como a creación e consolidación de emprego, o laboratorio foi dado a coñecer cun acto na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago. Nel participaron, entre outros, o director xeral de Universidades, José Alberto Díez Castro, e a vicerreitora, María del Mar Lorenzo, quen reivindicou que o LIES_GA "representa a tipoloxía de proxectos polos que a universidade debe apostar".

Na mesma liña foron as felicitacións ás promotoras deste laboratorio do director xeral, "porque seguro que o alumnado terá interese en incorporarse ás actividades docentes e formativas que vai realizar este laboratorio".

Alumnado na Facultade de Dereito. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo
Alumnado na Facultade de Dereito. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta