A final do Premio Narf celebrarase o 21 de novembro na Coruña

Por E.P. | A CORUÑA | 21/10/2021 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A final do concurso Fran Pérez 'Narf' para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña terá lugar o próximo 21 de novembro, no Teatro Colón, segundo informa o organismo provincial. Será ás 19,30 horas nun espectáculo aberto ao público, que tamén será retransmitido en directo a través da canle de Youtube da Deputación da Coruña.

Nel, participarán as bandas finalistas: Pena, Tandub, Sleepy Spice, Elbaye Secho, ademais de GrandeAmore, o grupo invitado. O concurso ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocinar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico e compositor Fran Pérez 'Narf'.

Narf, nun concerto na Coruña
Narf, nun concerto na Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta