A posición da UPG de ir con EH-Bildu arrasa no BNG

A posición defendida por Xabier Vence obtén só un 8,4% dos apoios e a de Abrente, menos, un 5,8%. As formacións desta coalición repartirán o escano en función dos votos que obteñan.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/02/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

EH-Bildu e as CUP --se este grupo decide, finalmente, ir as eleccións-- serán os compañeiros de viaxe do BNG nas europeas de maio. Así o decidiu unha ampla maioría dos militantes do BNG nas distintas asembleas comarcais que esta formación celebrou por todo o país e que concluíron a pasada semana.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

Deste xeito, a postura que defende a UPG e, en menor medida, o MGS, saíu triunfante co 85,4% dos votos. Un respaldo que deixa en mal lugar as outras dúas opcións; a de ir con ERC ou a de concurrir nunha candidatura galega.

A primeira era a que defendía o portavoz nacional do BNG, Xabier Vence, ou a ex eurodeputada e candidata, Ana Miranda. De feito, estes dous dirixentes foron os que máis vehementemente defenderon esta opción ata o final do proceso. 

A opción de Vence: ERC

Fontes de ERC consultadas por GC suliñan que houbo canles abertas de comunicación ata que o Consello Nacional do Bloque decantouse pola vía de EH-Bildu. E é que neste órgano, como o resto dos da formación frontista, están dominados pola UPG. 

Segundo estas fontes, ERC ofreceulle ao BNG compartir o segundo escano --xa que contan con ter un fixo--. Este escano sería repartido entre ERC e o BNG en función da porcentaxe de voto que as dúas formacións obtiveran nas eleccións.

A opción da UPG: EH-Bildu

O mesmo método é o utilizado tamén con EH-Bildu. Segundo fontes da coalición vasca consultados por GC, o acordo ao que chegaron os dirixentes do Bloque con eles é a repartirse o escano en función da porcentaxe de votos das dúas formacións. O mesmo acontecerá se as CUP deciden entrar nesta candidatura, algo que decidirá a súa militancia o vindeiro 9 de marzo.

En todo caso, e de entrar a formación catalana, as perspectivas de visibilidade do BNG neste coalición quedarán moi mermadas porque o escano terá que dividirse por tres en función dos votos de cada grupo, co cal, a permanencia de Ana Miranda en Europa, será menor. Nesta lexislatura que remata, a ex eurodeputada estivo 18 meses no Parlamento Europeo, dun periodo de cinco anos.

A opción de Abrente: candidatura galega

Tamén os apoios á opción que defendía Abrente, o colectivo que lidera Carlos Aymerich, foron residuais. Só o 5,8% --dous puntos menos que a postura de Vence-- dos militantes apostaron porque o BNG configurara unha candidatura galega a estes comicios.

Campaña "propia"

Nun comunicado remitido á militancia, a Executiva do BNG insiste en que, a pesar deste pacto, o BNG desenvolverá a súa propia campaña, co seu programa específico, "en función exclusivamente dos intereses de Galiza, e con papeletas do propio BNG".

Esta candidatura fundamentase na defensa dos intereses de Galiza, da súa soberanía, un "combate ao modelo económico e social" da Unión Europea e da Troika e a deefensa dos principios "democráticos, da soberanía e independencia dos pobos, da paz, do antiimperialismo, dos dereitos humanos, da igualdade, da xustiza e da diversidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 70 comentarios

36 Siohsi

Non é un pouco contraditorio que un partido como a UPG, que se declara marxista-leninista proclame que vai defender os principios dos "dereitos humanos" e da "diversidade"? Se o seu modelo son sociedades coma a de Cuba, como casa a defensa deses valores coa imposición dun partido único, a censura, o control da prensa ou o encarcelamento de opositores? (pregunto)

35 O Pasionario de Valadouro

Para cando a foto de Beiras saludando ao seu benefactor, José Luis Centella, Secretario General del PCE?

34 pepinho

Jajajja os upegallos pensan que os galegos van apoiar a candidatura de bildu?apostome o que sexa a que a caida será mais grande ca das autonómicas

33 Galego

Bildu é, com diferença, o partido mais sério, mais coerente e mais honesto da política peninsular. Ponto.

1 Emilio

Si,era boa. Faltouche so decir que Bildu eche nacionalista galego e que lle interesa moito Galiza

2 Murguía

Máis que a IU sen lugar a dúbidas. Non é igual ser vasco que ser español. Este é un dato evidente. Vasco é o contrario de fala barato.

3 Galego

Pois não me faltou, não, já o dissera abaixo: " Para a Galiza, melhor Ana Miranda 6 meses que Cayo Lara 4 anos. Para além de que Bildu, como aliado leal e representante duma nação atlântica irmã, também defenderá melhor os interesses da Galiza do que qualquer dos corruptos de secano de IU ou as suas meretrizes de Lanueva. Do resto, a coligação BNG-Bildu pode fracassar ou ter sucesso, Lanueva já fracassou quando se vendeu barata aos interesses do espanholismo mesetário. Eu votarei polos que têm princípios e não polos vendidos oportunistas."

4 Diviertt

Non dubides que fracasará, e non dubides que, por iso mesmo, porque fracasen opcións como o BNG, Galiza pasará de segundo posto a primeiro en España en corrupción. Teñen os medios de comunicación controlados: en Galiza non se coñece nada de EuskalHerria que non pase pola censura previa. De 20000 veces que aparece folk nos medios, 19950 son de andaluz, 50 castelán , catalán 0, Eúskaro 0 (iso só para nomear un aspecto).

32 Percherón

Eu son militante do BNG e non formo nin nunca formei parte da UPG. Tampouco nunca veu ninguén da UPG, nin nesta votación nin noutras, a dicirme qué decisión tomar. E dende o primeiro momento apoiei esta opción como a mellor para ir ás europeas porque, entre outras cousas, gústame moito a forma de facer política de EH-Bildu e non teño en conta a opinión de quen ve terroristas por todas partes. Por estes motivos resúltame ofensiva a redacción desta nova, xa que dende GC se da a impresión de que eu (e moitos máis) somos parvos e namáis sabemos facer o que nos din. Por favor, un pouco de respecto. Xa está ben de ver fantasmas onde non os hai. Creo que dentro das diferentes opcións que hoxendía plantexa o nacionalismo galego pódese discutir sen usar o desprezo entre nós (e isto vai para todos), nin inventar inimigos imaxinarios.