A posición da UPG de ir con EH-Bildu arrasa no BNG

A posición defendida por Xabier Vence obtén só un 8,4% dos apoios e a de Abrente, menos, un 5,8%. As formacións desta coalición repartirán o escano en función dos votos que obteñan.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/02/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

EH-Bildu e as CUP --se este grupo decide, finalmente, ir as eleccións-- serán os compañeiros de viaxe do BNG nas europeas de maio. Así o decidiu unha ampla maioría dos militantes do BNG nas distintas asembleas comarcais que esta formación celebrou por todo o país e que concluíron a pasada semana.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

Deste xeito, a postura que defende a UPG e, en menor medida, o MGS, saíu triunfante co 85,4% dos votos. Un respaldo que deixa en mal lugar as outras dúas opcións; a de ir con ERC ou a de concurrir nunha candidatura galega.

A primeira era a que defendía o portavoz nacional do BNG, Xabier Vence, ou a ex eurodeputada e candidata, Ana Miranda. De feito, estes dous dirixentes foron os que máis vehementemente defenderon esta opción ata o final do proceso. 

A opción de Vence: ERC

Fontes de ERC consultadas por GC suliñan que houbo canles abertas de comunicación ata que o Consello Nacional do Bloque decantouse pola vía de EH-Bildu. E é que neste órgano, como o resto dos da formación frontista, están dominados pola UPG. 

Segundo estas fontes, ERC ofreceulle ao BNG compartir o segundo escano --xa que contan con ter un fixo--. Este escano sería repartido entre ERC e o BNG en función da porcentaxe de voto que as dúas formacións obtiveran nas eleccións.

A opción da UPG: EH-Bildu

O mesmo método é o utilizado tamén con EH-Bildu. Segundo fontes da coalición vasca consultados por GC, o acordo ao que chegaron os dirixentes do Bloque con eles é a repartirse o escano en función da porcentaxe de votos das dúas formacións. O mesmo acontecerá se as CUP deciden entrar nesta candidatura, algo que decidirá a súa militancia o vindeiro 9 de marzo.

En todo caso, e de entrar a formación catalana, as perspectivas de visibilidade do BNG neste coalición quedarán moi mermadas porque o escano terá que dividirse por tres en función dos votos de cada grupo, co cal, a permanencia de Ana Miranda en Europa, será menor. Nesta lexislatura que remata, a ex eurodeputada estivo 18 meses no Parlamento Europeo, dun periodo de cinco anos.

A opción de Abrente: candidatura galega

Tamén os apoios á opción que defendía Abrente, o colectivo que lidera Carlos Aymerich, foron residuais. Só o 5,8% --dous puntos menos que a postura de Vence-- dos militantes apostaron porque o BNG configurara unha candidatura galega a estes comicios.

Campaña "propia"

Nun comunicado remitido á militancia, a Executiva do BNG insiste en que, a pesar deste pacto, o BNG desenvolverá a súa propia campaña, co seu programa específico, "en función exclusivamente dos intereses de Galiza, e con papeletas do propio BNG".

Esta candidatura fundamentase na defensa dos intereses de Galiza, da súa soberanía, un "combate ao modelo económico e social" da Unión Europea e da Troika e a deefensa dos principios "democráticos, da soberanía e independencia dos pobos, da paz, do antiimperialismo, dos dereitos humanos, da igualdade, da xustiza e da diversidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 70 comentarios

21 Soldos soldos

Acaba de saberse que os LIBERADOS DE ANOVA fan igual que Euromartiño, Beiras e os deputados. Cobran salarios moi por riba do compromiso aquel de cobrar 1.000 euros e destinar o resto a "proxectos". Son trintamileuristas os liberados. E non renuncian ao teto agora que dimitiron da Executiva nin nada. A seguir cobrando

1 eusi

Vós deberiades de controlar aos vosos VIP, grandes compradores das tendas mais chic de Santiago todos os anos do bipartito, do Concello de Santiago, e de todos os "acordos" de esquerdar cos ejpañoles bos: os que vos interesan

20 Todo es ETA

A coña son os da FPG, que cando ETA mataba sempre votaban a "ETA" nas Europeas e agora que Bildu conseguiu que ETA deixase a violencia por primeira vez non van votar "ETA". Quererían enchufe para a familia de Ferrín?

1 tempos convulsos

tal cal. POruqe non se xuntan a F e a U? sería o mellor para o nacionalismo galego; telos a eles xuntiños e o resto a construir esa forza socialista galega nidiamnte nacionalista. Creo que somos máis. NIn vendidos Fpg-Martiñistas nin Coronelada tipo UPg.

2 comunista independentista

E que terá que ver a FPG con está nova? Estades un pouco obsesionados os do BnUpG. Pero máis graza ten que faledes vós de enchufes. Enfín...

19 Fendetestas

Agora GC, para tapar a vergoñenta decisión de Beiras de vendererse a IU e a conseguinte descomposición de Anova, pretende axitar o espantallo da UPG e apresentar a coaligazón con Bildu como a pior opción. Deberiades saber que con 1, 2, 12 ou 24 meses, Ana Miranda defenderá 5 anos en Europa os intereses de Galiza. Deixade en paz ao BNG e apandade coa vosa aposta polo españolismo.

1 León

Ana Miranda (que non apoiaba a opción saínte) defenderá os intereses galegos no parlamento europeo os meses que pille escano, que non creo que sexan moitos, o resto é mitificación política allea á realidade do funcionamento europarlamentario ou se acaso publicidade electoral.

18 Cantos sodes

Así, cando dean en Euskadi o típico mitin conxunto cos de Bildu, os dirixentes da UPG poderán explicar as políticas do alcalde antisistema de Pontevedra. De como, despois de máis dunha década gobernando, ten a práctica totalidade dos servizos públicos privatizados. Incluído o do ciclo do auga. E que mesmo o goberno do Lores aínda se animou a privatizar máis.

1 Que malos

Uy que lapsus olvidóuseche dicir que eses servizos privatizados privatizounos o PP por 25 anos!!!! http://www.lavozdegalicia.es/notici...

2 Cantos sodes

E quen os mantén, listo (ou liberado)? Aínda por riba, esqueces os que privatizou o propio Lores.

3 Xistral

Non é "o" auga, é "a" auga. Con isto xa te retratas..., amiguete

4 xaab

Ai!! Xistral ademáis de comisario político agora vas de comisario linguistico... "amiguiño"

17 La upegá la upegá

As fontes das fontes que se chivan indican pois que a posición de Xurxo e de Galicia Confidencial de apoiar a postura que non sexa apoiada pola maioria sufriu un descalabro.