A posición da UPG de ir con EH-Bildu arrasa no BNG

A posición defendida por Xabier Vence obtén só un 8,4% dos apoios e a de Abrente, menos, un 5,8%. As formacións desta coalición repartirán o escano en función dos votos que obteñan.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/02/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

EH-Bildu e as CUP --se este grupo decide, finalmente, ir as eleccións-- serán os compañeiros de viaxe do BNG nas europeas de maio. Así o decidiu unha ampla maioría dos militantes do BNG nas distintas asembleas comarcais que esta formación celebrou por todo o país e que concluíron a pasada semana.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

Deste xeito, a postura que defende a UPG e, en menor medida, o MGS, saíu triunfante co 85,4% dos votos. Un respaldo que deixa en mal lugar as outras dúas opcións; a de ir con ERC ou a de concurrir nunha candidatura galega.

A primeira era a que defendía o portavoz nacional do BNG, Xabier Vence, ou a ex eurodeputada e candidata, Ana Miranda. De feito, estes dous dirixentes foron os que máis vehementemente defenderon esta opción ata o final do proceso. 

A opción de Vence: ERC

Fontes de ERC consultadas por GC suliñan que houbo canles abertas de comunicación ata que o Consello Nacional do Bloque decantouse pola vía de EH-Bildu. E é que neste órgano, como o resto dos da formación frontista, están dominados pola UPG. 

Segundo estas fontes, ERC ofreceulle ao BNG compartir o segundo escano --xa que contan con ter un fixo--. Este escano sería repartido entre ERC e o BNG en función da porcentaxe de voto que as dúas formacións obtiveran nas eleccións.

A opción da UPG: EH-Bildu

O mesmo método é o utilizado tamén con EH-Bildu. Segundo fontes da coalición vasca consultados por GC, o acordo ao que chegaron os dirixentes do Bloque con eles é a repartirse o escano en función da porcentaxe de votos das dúas formacións. O mesmo acontecerá se as CUP deciden entrar nesta candidatura, algo que decidirá a súa militancia o vindeiro 9 de marzo.

En todo caso, e de entrar a formación catalana, as perspectivas de visibilidade do BNG neste coalición quedarán moi mermadas porque o escano terá que dividirse por tres en función dos votos de cada grupo, co cal, a permanencia de Ana Miranda en Europa, será menor. Nesta lexislatura que remata, a ex eurodeputada estivo 18 meses no Parlamento Europeo, dun periodo de cinco anos.

A opción de Abrente: candidatura galega

Tamén os apoios á opción que defendía Abrente, o colectivo que lidera Carlos Aymerich, foron residuais. Só o 5,8% --dous puntos menos que a postura de Vence-- dos militantes apostaron porque o BNG configurara unha candidatura galega a estes comicios.

Campaña "propia"

Nun comunicado remitido á militancia, a Executiva do BNG insiste en que, a pesar deste pacto, o BNG desenvolverá a súa propia campaña, co seu programa específico, "en función exclusivamente dos intereses de Galiza, e con papeletas do propio BNG".

Esta candidatura fundamentase na defensa dos intereses de Galiza, da súa soberanía, un "combate ao modelo económico e social" da Unión Europea e da Troika e a deefensa dos principios "democráticos, da soberanía e independencia dos pobos, da paz, do antiimperialismo, dos dereitos humanos, da igualdade, da xustiza e da diversidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 70 comentarios

16 King Kong

Ideario político da UPG : ug ug, españois malos, vascos bos, ug ug

1 eueu

Agás os ejpañois do PPsoe, cos que están encantados de pactar unha e outra vez... Mesmo para axudarlles a mangonear coas privatizacións mentres enchen os petos do erário público

2 tempos convulsos

para colaboracionistas do PP, reparen na historia da FPG en Cangas:, entreguismo, destrucción e venddas ao poder. Nunca o PP tivo un aliado tan útil no morrazo como o fósil d FPG

3 buli

Ideario político de King Kong:ug,ug,unga,unga. qué nível, grande argumento! retratades-vos!

15 Montxoo

Hai que botalos.

14 adriana

Non quixeron dialogar coa FPG compañeiros a Europa nos últimos tempos, non e de estrañar por formarmos parte de AGE. Alguén tiña que empezar a dimitir por traizoar as nosas ideas nacionalistas.

13 Galego intelixente

Pois que lles aproveite a merenda con Bildu. O pobo galego non os votará.

12 sandrapa

Alégrome moito polo BNG logo de que non quixesen chegar a acordo con nos por ser socios de Españolistas. Nin EH-Bildu ERC nin as CUP estaban dispostos a ir con nos polo lastre que supón IU