Convocados más de 3.000 aspirantes para a oferta de 190 prazas nas oposicións do Sergas deste fin de semana

Terán lugar no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2021 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

Máis de 3.000 persoas están convocadas este fin de semana para a oferta de 190 prazas nas oposicións que celebra en Servizo Galego de Saúde (Sergas) nas categorías de técnico en farmacia e técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

Segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, este fin de semana continúan no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, as probas selectivas da oferta pública de emprego do Sergas iniciadas o 18 de setembro pasado.

En concreto, este sábado día 23 de outubro están convocados os aspirantes a cubrir 86 prazas de técnico en farmacia. Están citados ás probas 1.494 aspirantes, que comezarán a entrar no recinto ás 9,30 horas.

O domingo día 24, a partir da mesma hora (9,30 horas), están convocados 1.522 aspirantes da categoría de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico para cubrir 104 prazas.

Coa realización destes exercicios, concreta Sanidade, concluirán as probas selectivas para cubrir 1.311 prazas de 48 categorías/especialidades de persoal sanitario licenciado e técnico, que se iniciaron o 18 de setembro e desenvolvéronse ao longo de oito xornadas de exame.

A porcentaxe de participación nas oposicións do Sergas na categoría de. XUNTA DE GALICIA
A porcentaxe de participación nas oposicións do Sergas na categoría de. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta