A Xunta recoñece que non sabe o custo das rebaixas da autoestrada Santiago-Dozón anunciadas polo Goberno

Adianta que o impacto sería "mínimo", polo que ve "moi viable" que salga adiante esta reivindicación "vella"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2021 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, comprometeuse con alcaldes da autoestrada Santiago-Dozón (a AP-53) a realizar un estudo do que custaría ao Goberno central aplicar nesta infraestrutura as mesmas rebaixas que na AP-9.

A finais de setembro, o pleno do Parlamento aprobou por unanimidade unha iniciativa do PPdeG para pedir ao Executivo socialista o establecemento de bonificacións nas peaxes desta autoestrada. O Goberno galego aínda non se dirixiu ao Ministerio de Transportes para trasladar esta solicitude, segundo recoñeceu este venres a conselleira a preguntas dos xornalistas, aínda que remarcou que será unha demanda "fundamental" na próxima reunión coa nova titular do departamento, Raquel Sánchez, que, lembrou, "xa toca".

No que prevé traballar Infraestruturas é nesa avaliación do impacto que suporía para as contas públicas estatais a adopción de bonificacións co mesmo esquema que se implantaron na AP-9.

Tras reunirse con alcaldes de localidades polas que discorre a autoestrada Santiago-Dozón, tanto a responsable autonómica como o rexedor de Lalín, José Crespo, chamaron a atención sobre a relevancia que ten esta vía "chave" para os veciños da comarca, polo número de viaxes que realizan á capital galega.

Ethel Vázquez constatou, ademais, que a alternativa á AP-53 é a N-525, unha nacional que "non ten practicamente terceiros carrís para poder adiantar aos vehículos pesados" e que ten "moitísimo tráfico pesado".

A MÁIS CARA DE GALICIA

En canto ao custo por quilómetro, lembrou que ten as peaxes "máis altas" de Galicia: 7,77 céntimos por quilómetro, fronte aos 6,12 céntimos por quilómetro da AP-9 (contando coas últimas rebaixas) e 5,67 céntimos por quilómetro das autoestradas autonómicas. "Un alto prezo para a mobilidade", criticou.

"Un agravio que vén a sumar como consecuencia dese prezo do billete do tren entre Ourense e Santiago que tamén é superior ao prezo do eixo atlántico", censurou.

A conselleira de Infraestruturas e o alcalde de Lalín
A conselleira de Infraestruturas e o alcalde de Lalín | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta