Formoso móstrase "optimista" e asegura percibir a "empatía" dos militantes

O presidente da Deputación da Coruña lamentou que tivese "escasa marxe" para presentar o proxecto.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/10/2021 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

O aspirante á Secretaria Xeral do PSdeG Valentín González Formoso asegurou que percibe "empatía" entre os militantes polo seu proxecto, que ten unhas propostas "ilusionantes" para os que queren ver un "PSdeG gañador".

Así se pronunciou ao ser preguntado polos medios sobre as primarias nunha rolda de prensa celebrada este venres na sede provincial do partido na Coruña, na que Formoso repasou algúns asuntos da actualidade. O actual presidente da Deputación da Coruña fixo un balance "positivo" da campaña, aínda que lamentou que tivese "escasa marxe" para presentar o proxecto.

Fomoso resaltou a estratexia que utilizaron de chegar a compañeiros e compañeiras de partido con "mobilidade comarcal" para difundir o proxecto nas maiores zonas posibles e mostrouse "optimista" de face á celebración deste proceso interno.

O actual secretario provincial do PSOE da Coruña e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante a presentación da súa candidatura ás primarias do PSdeG. Mero Barral - Europa Press
O actual secretario provincial do PSOE da Coruña e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante a presentación da súa candidatura ás primarias do PSdeG. Mero Barral - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta