Temas: OURENSE ENTROIDO

O Entroido volve a Ourense

O Concello traballa na recuperación das festas, que incluirán catro concertos de orquestras.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 22/10/2021 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense traballa na recuperación das festas de Entroido, que incluirán catro concertos de orquestras, tras a suspensión das mesmas que tivo lugar o pasado ano debido á pandemia da covid-19.

Gonzalo Pérez Jácome participa nunha parodia do proxecto de parque acuático para Ourense, durante o desfile de Entroido
Gonzalo Pérez Jácome participa nunha parodia do proxecto de parque acuático para Ourense, durante o desfile de Entroido | Fonte: Arquivo.

O obxectivo pasa por converter estas festas nun "evento de máxima participación" e "un reclamo de promoción turística da cidade", segundo trasladan fontes municipais. Para iso, o goberno local busca implicar a todos os colectivos que participan na celebración na cidade.

Neste sentido, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse este venres con representantes da organización dos entroidos de Frei Canedo (A Ponche), A Galiña (As Eiroás), e Paquita e Nicanor (Seixalbo). Así, no encontro intercambiáronse impresións e avanzouse na programación desta tradicional celebración coa finalidade de potenciala.

En concreto, prepárase un amplo programa de actividades que incluirá a actuación de catro orquestras. En concreto, a agrupación portuguesa Funçao Públika actuará o sábado de Entroido e, Marbella, o domingo. Mentres, Los Satélites e Assia subiranse ao escenario o luns e o martes, respectivamente. Ademais, este último día, que se celebrará o 1 de marzo, será festivo local por acordo do pleno da corporación local.

Temas: OURENSE ENTROIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta