Falece unha persoa nun incendio nunha vivenda en Ourense

O 061 atopou na casa varias botellas de butano e unha estufa catalítica, polo que os primeiros indicios apuntan a este aparello como xerador do lume.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/10/2021 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

Un incendio declarado na medianoite deste sábado a domingo nun anexo dunha vivenda no termo municipal de Ourense deixou un home octoxenario falecido. Segundo informa o 112 Galicia, foi pasadas as 00,00 horas cando unha persoa particular contactaba coa central de emerxencias para alertar dun incendio nun domicilio da rúa do Carballo.

Seguidamente, os xestores do 112 pasaron o aviso aos bombeiros de Ourense, á Policía Local e a Urxencias Sanitarias-061, que se desprazaron ata o punto pero non puideron facer nada por salvarlle a vida á persoa. Fontes dos servizos de extinción confirmaron a Europa Press que na vivenda había varias botellas de butano e unha estufa catalítica, polo que os primeiros indicios apuntan a este aparello como xerador do lume.

Os bombeiros foron os primeiros en atoparse co octoxenario no domicilio e practicáronlle sen éxito manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP) ata a chegada do persoal sanitario, que tampouco puideron salvarlle a vida. Os labores de extinción, de acordo coas mesmas fontes, finalizaron sobre as 3,20 horas da madrugada, polo que se prolongaron durante máis de tres horas.

INCENDIO NUN PISO NA CORUÑA

Por outra banda, na Coruña, unha muller resultou ferida e tivo que ser trasladada ao hospital tras declararse un incendio na tarde do sábado nun piso dun edificio de seis plantas, na rúa Antonio Ríos. Segundo a información recollida no 112 Galicia, ardeu un dormitorio da vivenda completamente e o resto do piso quedou totalmente afectado o fume.

A central de emerxencias tivo coñecemento do lume sobre as 20,30 horas a través dunha persoa particular e, enseguida, solicitouse a intervención dos Bombeiros da Coruña, do 061, da Policía Local e de Protección Civil.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta