A covid mantense estable e os contaxios diarios continúan na contorna dos trinta

Soben lixeiramente os casos activos ata os 415 e a taxa de positividade ata o 1,61%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2021 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Galicia pecha o seu primeiro fin de semana fóra da emerxencia sanitaria cun aumento dos contaxios, que soben a 34, e dos casos activos, 415. Sobe tamén lixeiramente a taxa de positividade, ata o 1,61%, pero baixan a 25 as hospitalizacións --unha menos--. Segundo os datos actualizados este domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste sábado, hai sete persoas ingresadas en UCI -sen cambios--, mentres que en unidades convencionais permanecen 18 persoas hospitalizadas -unha menos--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria mantense sen cambios na maioría. Rexístranse cambios na da Coruña e Cee, seguen tres pacientes covid en UCI e baixan a cinco noutras unidades --dous menos--; e na área de Vigo, onde xa non quedan pacientes hospitalizados na UCI -igual--, pero soben a seis os ingresados en planta -un máis--.

Polo seu lado, mantéñense sen cambios na área de Santiago e Barbanza, que segue sen ingresados en UCI, e tres en planta; na de Ourense, sen críticos e con dous noutras unidades; e en Lugo continúan tres persoas ingresadas en críticos e xa non quedan hospitalizados noutras unidades --sen cambios--.

Tamén a área sanitaria de Ferrol se mantén sen pacientes en UCI e con dous ingresados en planta, mentres que na de Pontevedra e O Salnés hai só unha persoa hospitalizada en críticos -sen cambios--. 

MÁIS CASOS ACTIVOS

Os casos activos volven aumentar lixeiramente tras tres xornadas consecutivas de baixada, que se produciron tras dous días seguidos previos de lixeiro aumento. Así, termina o fin de semana no que saíu da emerxencia sanitaria con 415, que supoñen dous casos máis que nas últimas 24 horas, ao haber menos altas (32), que novos contaxios (34), e non rexistrarse ningún falecemento.

As infeccións activas aumentan en tres das sete áreas sanitarias: Santiago e Barbanza (+6), A Coruña e Cee (+3) e Ferrol (+4). No resto, baixan os casos activos: Ourense (-2), Ferrol (+4), Lugo (-1), Vigo (-5) e Pontevedra e O Salnés (-3). Por iso, a área da Coruña e Cee continúa como a única por encima do centenar de casos, con 134; seguida da de Vigo, con 64; Santiago e Barbanza, con 76; Pontevedra e O Salnés, con 49; Ourense, con 41; Lugo, con 27; e Ferrol continúa á cola, con 24.

MÁIS DE 30 CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 soben da trintena con 34, oito máis que o día anterior, e tras marcar 24 o venres e o xoves, e tras ascender a 33 o mércores, despois dos 23 do martes e iniciar a semana con 21. O luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de 'nova normalidade'.

Deste xeito, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia ascenden a 182.933, das que 43.224 corresponden á área da Coruña e Cee; 37.742, á de Vigo; 27.049, á de Santiago e Barbanza; 21.793, á de Ourense; 21.492, á de Pontevedra e O Salnés; 19.985, á de Lugo; e 11.648 á de Ferrol. En toda Galicia fixéronse 2.884.202 PCR desde o inicio da pandemia, 1.871 máis que as realizadas a xornada pasada.

En canto á taxa de positividade das probas PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test-- sobe lixeiramente ata o 1,61% tras baixar ata o 1,11% o sábado, desde o máis do 2% da xornada anterior, e tras subir ao 1,09% o xoves, despois de descender ao 0,48% o mércores, incrementarse o martes ao 0,84% e comezar esta semana cun 0,51%. No entanto, mantense por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

Varias persoas na terraza dun restaurante. César Arxina - Europa Press
Varias persoas na terraza dun restaurante. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta