Case 300 empresas adheridas ata o momento ao Bono Cultura da Xunta

Poderá pedirse desde o 1 de novembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2021 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

Case 300 empresas e entidades adheríronse á campaña do Bono Cultura da Xunta ata o momento, desde que o pasado martes se abriu o prazo. Con todo, as persoas interesadas deberán esperar ata o 1 de novembro para poder solicitalo e empregalo.

Segundo informa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través dun comunicado, por agora xa forman parte desta iniciativa librarías, tendas de música, salas de cinema e entidades que ofrecen espectáculos culturais, entre outras.

O prazo para que o sector se sume seguirá aberto ata o 18 de novembro a través da web www.bonocultura.gal. Poderán inscribirse todas as persoas físicas ou xurídicas que teñan como obxecto da súa actividade a venda ao consumidor de produtos e bens culturais, así como centros e locais públicos ou privados destinados a exhibición de produtos culturais, ademais de museos e entidades similares.

O Bono Cultura consiste nun desconto de ata 50 euros que todas as persoas maiores de idade residentes en Galicia poderán solicitar para gastar en produtos culturais --libros, discos, entradas a obras de teatro e ata videoxogos, entre outros-- desde o 1 de novembro e ata finais de ano.

En concreto, este bono financia o 50 por cento do prezo da compra e poderanse comprar tantos produtos como se desexe ata chegar ao máximo de 50 euros descontados. As persoas deberán descargalo a partir do 1 de novembro na web http://www.bonocultura.gal en formato dixital a través dun código QR e poderán gastalo ata o 31 de decembro. En total, poranse en circulación un total de 39.000.

Teatro con protocolo anticovid / Europa Press. / Europa Press
Teatro con protocolo anticovid / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta