Rescatado e evacuado en helicóptero un pescador que caeu ao mar en Fisterra

O home estaba nunha zona rochosa na praia de Arnela.

Por Galicia Confidencial | Fisterra | 25/10/2021 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

Efectivos da Garda Civil e Protección Civil desprazáronse á praia de Arnela, en Fisterra, para iniciar a busca dun home que ceu ao mar mentres pescaba.

Praia de Arnela
Praia de Arnela | Fonte: Xunta

Segundo fontes presenciais consultadas por Galicia Confidencial, o home estaba pescando nunha zona de rochas cando se precipitou ao mar. O sinistro tivo lugar sobre as 19.20 horas da tarde do luns. 

Finalmente, o pescador foi atopado e evacuado. Segundo informa Salvamento Marítimo, foi trasladado no helicóptero Pesca I ao Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta