Sorprendidos cando asaltaban unha panadería da Coruña de madrugada

Os dous homes foron detidos por un delito de roubo con forza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Dous homes foron detidos por axentes da Policía Nacional tras ser soprendidos mentres roubaban nunha unha panadaría da cidade da Coruña durante a madrugada do luns. Segundo informa a Comisaría corueñesa, os arrestados, de 33 e 25 anos de idade, forzaron a porta do establecemento ao redor das 04,30 horas da madrugada do luns 25 de outubro.

Os axentes acudiron ao lugar e localizaron a un dos homes na porta da panadaría mentres levaba a cabo tarefas de vixilancia ao mesmo tempo que o seu compañeiro permanecía no interior do local. Este último, continúa a policía, resistiuse á detención e loitou co axente. Finalmente, ambos os individuos foron arrestados como autores dun delito de roubo con forza. A cantidade subtraída do local, onde tamén romperon o cristal da porta de aceso, era de 450 euros que os propietarios do negocio gardaban nunha caixa.

Coche patrulla da Policía Nacional
Coche patrulla da Policía Nacional | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta