O PPdeG acusa ao PSOE, e ao BNG como "cómplice", de destruír emprego en Galicia

O deputado popular, José Manuel Balseiro, comezou a súa intervención denunciando as políticas "erradas" do Goberno central e preguntando aos socialistas "a que están a esperar para intervir" a planta de Alcoa San Cibrao a través da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O deputado do PPdeG José Manuel Balseiro asegurou este martes no Parlamento galego que son as "políticas erradas" do PSOE en materia enerxética, co BNG como "cómplice", as que "destrúen emprego en Galicia".

Así o esgrimiu o parlamentario popular durante o debate no hemiciclo dunha unha proposición non de lei (PNL) do PSdeG que pedía "mellorar a dotación de recursos humanos e materiais" do Servizo Público de Emprego de Galicia e "impulsar políticas activas de emprego" para acabar coas "altas cifras de paro, especialmente de mulleres, de mozas e de persoas paradas de longa duración". A iniciativa contou co voto a favor de socialistas e nacionalistas, pero o 'non' do PPdeG tombouna.

Neste contexto, Balseiro comezou a súa intervención denunciando as políticas "erradas" do Goberno central e preguntando aos socialistas "a que están a esperar para intervir" a planta de Alcoa San Cibrao a través da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI). De igual modo, acusou ao BNG de ser "cómplice", porque os nacionalistas son "incapaces de condicionar os seus pactos" co PSdeG-PSOE en concellos e deputacións á procura de solucións para a industria.

Por iso, para xustificar o 'non' do PPdeG á iniciativa dos socialistas, Balseiro aseverou que "calquera debate sobre emprego" que manteñan BNG e PSdeG "non é máis que unha cortina de fume para non falar da situación límite" de empresas e traballadores galegos. "E a esta treboada perfecta, aínda por riba, sumamos a subida do prezo da luz", agregou o deputado popular.

Ademais, ante a iniciativa presentada polos socialistas, Balseiro reivindicou as "melloras de todos os servizos" de atención a parados que dependen da Xunta e afirmou que a renovación das demandas de emprego "está a realizarse con normalidade". Así mesmo, cualificou de "realidade incontestable" que Galicia ten agora "menos paro e máis afiliacións á Seguridade Social que antes da pandemia", mentres que hai "un descenso constante de persoas" en ERTE, dos que xa saíron "máis do 94 por cento" dos traballadores.

PSDEG APUNTA Á "PRECARIEDADE"

Ante estas declaracións de Balseiro, a socialista Carmen Rodríguez Dacosta lamentou que falase "case de todo menos do que" o PSdeG pretende coa iniciativa presentada. E é que, durante a defensa da PNL, a deputada denunciou a "temporalidade e precariedade" que hai no mercado laboral galego xa "desde antes da covid". Así mesmo, referiuse a os datos do paro do mes de setembro para apuntar que, mentres en Galicia creceu un 1,18% mentres en toda España caeu un 2,3%.

Ademais, Rodríguez Dacosta acusou á Xunta de "fraude" ao analizar os datos de desemprego, posto que a Administración autonómica deixou de revalidar automaticamente os cartóns de demanda do paro o 1 de xaneiro e "a maioría" das persoas que saen da lista do desemprego mes a mes fano "por non renovación". Por iso, a socialista pediu que a directora xeral de Formación e Colocación, que habitualmente analiza as cifras, "abandone unha responsabilidade tan grande" por esta "fraude".

BNG: "NON SON DATOS POSITIVOS"

Pola súa banda, o deputado do BNG Daniel Pérez coincidiu en que os datos de desemprego de setembro "non son positivos para Galicia", senón que mostran un mercado laboral marcado pola "temporalidade, a precariedade e arrastrado polo sector servizos".

Todo iso "confirma que as políticas implementadas pola Xunta nos últimos anos non conseguiron cambiar estes defectos estruturais", criticou.

José Manuel Balseiro.
José Manuel Balseiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta