Tres accidentes de circulación rexistrados en Melide, Baralla e Redondela deixan catro feridos

O máis grave, segundo informou o CIAE 112 Galicia, tivo lugar en Melide, onde tres coches se viron implicados nun sinistro saldado con dous feridos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas en tres accidentes de circulación rexistrados na tarde deste martes nos municipios de Melide , Baralla e Redondela.

O máis grave, segundo informou o CIAE 112 Galicia, tivo lugar en Melide, onde tres coches se viron implicados nun sinistro saldado con dous feridos.

O accidente tivo lugar ás 17,30 horas na estrada xeral que une Melide coa cidade da Coruña. Ata alí mobilizáronse os efectivos de Urxencias Sanitarias 061, que procederon a evacuar aos dous feridos.

Antes, ás 15,30 horas, unha saída de vía na A-6 ao seu paso por Baralla deixou un ferido, que ocupaba o vehículo que impactou contra a mediana da autovía á altura do punto quilométrico 461 en sentido A Coruña.

Aínda que nun primeiro momento barallouse a posibilidade de que o condutor estaba atrapado no interior do coche, os servizos de emerxencia non tiveron que excarcerar ao ferido, trasladado en ambulancia a un hospital.

Por último, un motorista resultou ferido ao impactar contra un coche mentres circulaba polo termo municipal de Redondela.

Sucedeu minutos antes das 16,00 horas no punto quilométrico 6 da N-552, onde acudiron os efectivos de Urxencias Sanitarias para evacuar ao ferido ao hospital de Fátima, en Vigo.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta