Exclusiva: PSOE e PP piden o voto na radio arxentina antes da campaña

A lei electoral impide aos partidos pedi-lo voto antes do inicio da campaña electoral. Galiciaconfidencial publica en exclusiva dous anuncios emitidos no programa Galicia con Vos dunha radio de Bos Aires o pasado domingo, e repetidos en ocasións anteriores, nos que tanto o PSOE coma o PP piden o voto. Este feito contravén os artigos 51 e 53 da Ley Orgánica de Régimen Electoral General (LOREG), que prohibe pedir o voto antes do inicio da campaña electoral, neste caso ás 00.00 horas do venres.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/05/2007 | Actualizada ás 00:55

Comparte esta noticia

Pola súa banda, o anuncio do PP anima aos oíntes a votar e, inmediatamente, exhórtaos a informarse nas sedes populares en Bos Aires. A cuña tamén lanza un dos eslónganes dos conservadores na campaña, "Confianza es Futuro".

Os anuncios foron emitidos no programa Galicia con Vos o día 6 de maio. Galiciaconfidencial tamén publica a secuencia completa dos anuncios tal e como foron emitidos, cunha cuña do Centro Gallego polo medio. Este medio dispón da gravación completa do programa, proba da autencidade da emisión da propaganda electoral.

O programa Galicia con vos pode baixarse en directo todos os domingos de 12.00 a 14.00, hora arxentina premendo aquí.

Non é a primeira vez que os partidos piden o voto antes do inicio oficial da campaña. Nos últimos días a Xunta Electoral sancionou ao PSOE por pedir o voto nun acto cos rioxanos no exterior. Tamén a Xunta Electoral de Zona en Ceuta abriu un expediente sancionador ao presidente do PP, Mariano Rajoy por pedir o voto para o candidato dos populares ceutís. Asemade, a Xunta Electoral Central ordenou a suspensión inmediata da campaña do PSOE que leva por lema "tu voto decide" por considerar que contén unha petición "expresa" do voto para este partido. Por outra banda, e tras recursos mutuos, a Xunta Electoral de Lugo obrigou ao BNG e ao PSOE de Lugo a retirar a súa propaganda de farolas e marquesiñas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

11 pedro

e ti, que te haces llamar "america", porque no pones tu nombre verdadero si vas a hacer una denuncia de ese tipo? da la cara.

10 felucho

que bajo que son que poca cosa que se acuerdan de la colecitvidad para pedir el
voto y son tna poca cosa que necesitan que le elijamos el alcalde y hasta para eso hacen trampa VIVA EL UNICO QUE NO LO PIDIO EL BNG

9 america

tipico do Muxo, faise o listo, o elegante, o que responde, e deixa aquí unha parvada sobre o nome do programa. Porque da denuncia non ten nada que decir, todo está clarísimo. Non é profesional, é un "avivado" que fai cartos deste xeito.

8 Xandokas

E o BNG de Ribadavia que o pide por carta aos emigrantes en Suiza e con un texto BILINGÜE,..... que???

7 Boedense

Non me sorprende que PSOE e PP fixesen iso. Usan a dobre moral: critican a quen non cumpre a lei e eles contravéñena cando lles interesa.