Faciuni lanza unha nova edición do seu concurso de curtas para estudantes de cinema

O estudante gañador poderá acceder a unha beca de estudos no programa de verán da USC School of Cinematic Arts, en California.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Estudantes de cinema e de carreiras audiovisuais de España, Portugal, Italia, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Perú, Porto Rico, Uruguai e Estados Unidos poderán presentar os seus cortos na IX edición do Festival Académico de Cinema Universitario Internacional FACIUNI antes do 30 de decembro.

Participantes na novena edición do Laboratorio Audiovisual de Vedra
Participantes na novena edición do Laboratorio Audiovisual de Vedra | Fonte: Gabinete de comunicación do LAV

O concurso, destinado a estudantes actuais ou a aqueles que terminasen os seus estudos durante o último ano, busca “xerar oportunidades de formación e desenvolvemento entre os novos talentos que hoxe representan á nova xeración de cineastas”, sinala Paula  Bukowinski, responsable do programa.

A selección das curtas gañadoras será froito dun xurado especializado e da votación do público. Nunha primeira fase elixirase un gañador por país; o cal, recibirá unha bolsa monetaria de 5.000 euros como incentivo para a súa carreira e, á súa vez, a universidade na que cursase os seus estudos tamén recibirá un premio de 5.000 euros.

Nunha segunda fase, os estudantes seleccionados participarán polo premio maior: unha bolsa completa para o programa de verán da Escola de Artes Cinematográficas da Universidade do Sur de  California (USC -  University  of  Southern  California School  of  Cinematic Arts).

A participación neste certame ofrece, ademais, a oportunidade de ampliar a rede de contactos no ámbito cinematográfico e acceder a "importantes referentes da industria como os axentes de  Creative  Artists  Agency ( CAA)", unha axencia de talento de escala mundial que representa a directores como Alejandro  G.  Iñárritu,  Kathryn  Bigelow e  Patty  Jenkins, entre outras figuras.

O programa de bolsas de  FACIUNI é unha iniciativa desenvolvida por  DIRECTV  Latin  America,  SKY Brasil,  AT& T,  WarnerMedia,  HBO Max,  CAA ( Creative  Artists  Agency),  TVCortos,  Sundance  Co// ab parte de  Sundance  Institute e USC School  of  Cinematic Arts. Desde a súa primeira edición en 2013, o programa de bolsas contou coa participación de máis de 3.000 alumnos, 23 gañadores internacionais, 68 gañadores nacionais e máis de  USD 1,070.000 destinados a bolsas para estudantes de cinema.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta