Temas: RURAL MULLER PSDEG

O PSdeG lamenta a "falta de perspectiva de xénero" na Xustiza tras o auto sobre a "Galicia profunda"

Considera a sentenza dun xulgado de Marbella unha "longa lista de insultos sen contido xurídico" cara a unha nai.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/10/2021 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

As portavoces de Xustiza e Igualdade do Grupo Socialista, Paloma Castro e Noa Díaz, reclamaron este mércores "perspectiva de xénero" no ámbito xudicial, á vista, engaden, da "longa lista de insultos sen contido xurídico" cara a unha nai "no polémico auto de medidas provisionais ditado por un xulgado de Marbella que fai referencia á 'Galicia profunda'".

Sen cuestionar o contido da resolución xudicial nin as medidas adoptadas, as deputadas socialistas sinalaron que "caprichosa, egoísta, inmatura, machacona ou vaga" son afirmacións "que nada teñen de xurídico, pero que supoñen unha ofensa e unha descualificación directa" cara a unha muller.

"É un trato denigrante impropio da Administración de Xustiza", engadiron as parlamentarias do PSdeG, para quen esta situación "deixa en evidencia algo que vimos denunciando desde hai tempo por atoparnos con múltiples exemplos, algúns máis mediáticos e outros menos: a necesidade de ter en conta a perspectiva de xénero no campo xudicial".

Ademais, ambas as dúas volveron mostrar o rexeitamento do Grupo Socialista a "palabras que negativizan o noso rural, como ese termo «Galicia profunda» que se recolle no auto", que retira a custodia do seu fillo á nai.

Temas: RURAL MULLER PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta