Asociacións veciñais esixen desculpas á maxistrada que utilizou nun auto a expresión "Galicia profunda"

Din que é unha gravísima ofensa e falta de respecto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2021 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais 'Rosalía de Castro' (Cogave) emitiu un comunicado no que rexeita o uso "pexorativo" da expresión "Galicia profunda" nun auto que asina unha xuíza de Marbella no que retira a custodia do seu fillo a unha nai que pretendía levar ao seu fillo a residir a un pobo de Muros (A Coruña).

Cogave esixe á maxistrada desculpas públicas, á vez que mostra o seu "profundo rexeitamento" por esta expresión.

"Este prexuízo, ademais de afastado da realidade, constitúe unha gravísima ofensa e falta de respecto aos miles de persoas que residen en zonas rurais da Comunidade", remarca, antes de concluír que tamén supón "un grave prexuízo á imaxe social da Xustiza real".

Hermanager Humor - Galicia Profunda
Hermanager Humor - Galicia Profunda

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Non se trata de desculpas: trátase de sancionar un exceso dunha xuíz, como se fai habitualmente: multa e/ou suspensión temporal. Sempre sen entrar no fondo do asunto (a discusión dos feitos probados): deberiamos aprender do caso Juana Rivas.