Rescatado un pescador tras caer nunha zona de rochas na Coruña

O home precisou o traslado a un centro hospitalario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Persoal de emerxencias rescatou a un pescador na noite deste pasado mércores tras caerse nunhas rochas na zona de San Amaro, na cidade da Coruña.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 21,30 horas deste mércores pasado unha persoa contactou co servizo de emerxencias para avisar de que unha persoa resultara ferida ao caer nunha zona de difícil acceso.

Por iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) avisouse aos servizos sanitarios, aos Bombeiros da Coruña e tamén á Policía Nacional e Policía Local.

No lugar do incidente, os bombeiros lograron rescatar ao pescador cunha escaleira e trasladárono ata a ambulancia na que foi evacuado a un centro hospitalario.

En concreto, o 061 desprazou dúas ambulancias e persoal da PAC da Coruña para atender ao ferido, J.D.B.M., que foi trasladado ao Hospital A Coruña, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, onde un paciente procedente de Madrid está illado por coronavirus, na Coruña
Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, onde un paciente procedente de Madrid está illado por coronavirus, na Coruña | Fonte: Galicia (España) a 4 de marzo de 2020.. M. Dylan - Europa Press Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta