A pirámide das pensións tamén dá síntomas de crise nas cidades galegas

Os afiliados maiores de 40 anos duplican aos menores en todas as cidades galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

En setembro, por cada 100 afiliados á Seguridade Social en alta laboral menores de 40 anos residían en Galicia 214 traballadores maiores desta idade. Unha circunstancia que debuxa unha pirámide de pensións invertida e que, como no resto do Estado, podería supoñer dificultadees para o funcionamento e pervivencia do sistema público interxeracional a longo prazo.

Unha persoa camiña protexida do frío no Paseo Marítimo da Coruña. M. Dylan - Europa Press
Unha persoa camiña protexida do frío no Paseo Marítimo da Coruña. M. Dylan - Europa Press

As sete grandes cidades, salvo A Coruña, presentaban para estes indicador valores superiores á media galega, que variaban desde 216,8 en Ourense ata 238,3 en Ferrol. Mentres, na Coruña o indicador atópase por baixo da media galega, xa que toma un valor de 211,3 en setembro deste ano, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta