Alerta entre os produtores de máscaras por un lote defectuoso

A UE vén de retirar as certificacións de calidade a un produtor de Turquía que tería vendido material non seguro dende o 1 de xuño. Os fabricantes españois aseguran que os seus produtos non se ven afectados por esta problemática.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Alerta no sector de produción de material sanitario pola retirada dunha certificación de calidade europea. A Asociación Española de Fabricantes de Máscaras, Batas e EPIs (OESP) vén de apuntar que a Comisión Europea decidiu non renovar a certificación de calidade dun laboratorio situado en Turquía, de nome Sertifikasyon  Uygunluk Değ erlendirme A.Ş. Esta retirada implicaría que os produtos distribuídos polo laboratorio dende o 1 de xuño poderían non cumprir cos estándares de calidade da UE.

Máscara ffp2
Máscara ffp2 | Fonte: EP.

Fronte a estas circunstancias, a asociación de fabricantes españois quixo facer fincapé na calidade certificada dos seus produtos e materiais, que seguen a manter as valoracións positivas da UE, reivindicando desta forma a “importancia das devanditas garantías” xa que “os materiais producidos pola asociación contan con todas as regulacións necesarias, garantindo así a seguridade e calidade dos produtos”, subliñan.

A chamada de atención prodúcese tamén para subliñar que ningún dos lotes manufacturados polos fabricantes da OESP está afectado por este suceso, que deixa no aire a utilidade das máscaras, EPIs, batas e demais elementos sanitarios producidos e comercializados por este laboratorio asentado no país a cabalo entre Europa e Asia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta