Rexeitamento total ao novo algoritmo do Sergas: "vaino entender miña nai de 80 anos?"

As redes cargan contra un modelo que podería afondar na "deshumanización" da sanidade pública galega.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Rexeitamento xeral ao novo modelo de Atención Primaria do Sergas. A Consellería de Sanidade anunciou nas últimas xornadas unha nova estratexia de petición de citas na que a gravidade dos síntomas descritos e a urxencia como que a deben ser atendidos pasará a depender dun algoritmo. Unha solución que vén de ser cualificada masivamente como pobre, escasa e, ante todo, moi desviada da problemática xa tantas veces denunciada da Atención Primaria, a falta de medios. 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o director xeral do Hospital Clínic de Barcelona, Josep María Campistol Plana, asinan un convenio de colaboración para a aplicación e desenvolvemento da tecnoloxía Cart-T en Galicia
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o director xeral do Hospital Clínic de Barcelona, Josep María Campistol Plana, asinan un convenio de colaboración para a aplicación e desenvolvemento da tecnoloxía Cart-T en Galicia | Fonte: Xunta de Galicia.

Esta reforma, anunciada como unha solución pola administración autonómica, vén de ser difundida pola CRTVG nunha publicación de Twitter que, en poucas horas, acumula múltiples mostras de rexeitamento polo dubidoso cariz da medida. Entre as denuncias está a posible problemática que este modelo electrónico de "contestador automático" poida producir en persoas de avanzada idade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta