A alcaldesa da Coruña reivindica o programa de inserción laboral impulsado xunto á asociación Down

Por E.P. | A CORUÑA | 28/10/2021 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou o programa de inserción laboral impulsado xunto á asociación Down desta cidade. Fíxoo ao recibir no consistorio á directiva de Down Coruña para facer balance do tres primeiros meses de actividade de Down Experience, no quiosco da praza de Ourense, un local de hostalaría que permitiu a doce persoas iniciar un novo reto laboral.

Na recepción, estiveron presentes Ricardo Santos Rodríguez, Manuel Álvarez Esmorís e Manuel Rego Veciño, presidente, vicepresidente e director executivo da entidade coruñesa. "Traballamos pola inclusión, pola visibilidade e pola reactivación económica e estabilidade laboral con este proxecto", remarcou a alcaldesa.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, recibe a directivos de Down Coruña. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, recibe a directivos de Down Coruña. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta