Os candidatos á secretaría do PSdeG apuran as últimas xornadas antes da votación

Tando Caballero como González Fromoso se ven "satisfeitos" co debate do mércores. O actual secretario apela directamente aos altos cargos para apoiar o seu programa, mentres que Fromoso afea a "falta de autocrítica" da executiva.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O candidato a revalidar a Secretaría Xeral do PSdeG, Gonzalo cabaleiro, pediu á militancia e tamén a "os cadros e baronías" da formación que "se poñan detrás" do seu proxecto "gañador", o que "mostrou máis ideas, referencia, empatía e capacidade" no debate interno con motivo das primarias os socialistas galegos celebrarán o vindeiro sábado para escoller ao seu lider para o próximos catro anos.

"Despois de ver o debate de onte, no que se evidenciou cal é o proxecto que ten máis capacidade, máis ideas e máis forza para liderar Galicia, é hora de que todo o PdeG analice a situación e se poña a sumar detrás do proxecto gañador para seguir avanzando", manifestou este xoves en declaracións aos medios en Santiago de Compostela.

Na súa intervención, Gonzalo Caballero mostrouse "satisfeito" e "contento" polo debate. "A min en primarias gústame debater, en democracia nos procesos internos hai que debater, contrastar ideas, propostas e facelo de forma aberta para que as persoas poidan contrastar", sinalou.

Ademais, aproveitou para facer un chamamento á participación da militancia nas votacións do próximo sábado. "É hora de todo o PSdeG se poña detrás dun proxecto galeguista, feminista, ecologísta e nítidamente de esquerda, que é o que máis capacidade ten para gañar dentro coa militancia e fóra coa xente", subliñou.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, en declaracións aos medios
O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, en declaracións aos medios | Fonte: Europa Press

GONZÁLEZ FROMOSO DESTACA FALTA DE AUTOCRÍTICA

O aspirante á Secretaría Xeral do PSdeG Valentín González Formoso mostrou este xoves a súa "satisfacción" polo resultado do debate das primarias, que serviu para contrastar "o modelo da resignación fronte ao da ilusión". "Fronte á resignación propomos recuperar a ilusión e a esperanza para que o PSdeG sexa unha alternativa ao goberno de Feijóo", sinalou nun comunicado remitido aos medios pola súa candidatura, no que cualifica o debate de "limpo e produtivo".

Así mesmo, volveu a chamar á participación nas primarias deste sábado para impulsar o seu modelo que propón "volver ilusionar á militancia e volver conectar coa sociedade fronte a outro que o que propón é a continuidade dunha forma de facer política" na que non se viu "ningún tipo de autocrítica ou reflexión interna" sobre a mensaxe enviada pola cidadanía nas últimas autonómicas.

"Obtivemos grandes resultados electorais nas eleccións xerais, nas que a cidadanía quixo pór a Pedro Sánchez á fronte do goberno; nas municipais, cos mellores resultados da historia; e alcanzamos o éxito tamén no europeas pero, en cambio, a sociedade galega cambiou a papeleta vermella por outra nas autonómicas", sinalou. Por todo iso, incidiu en que o partido "necesita un novo impulso" e "activar todo o talento". Ademais, mostrouse seguro de que o "día 30 será o inicio dunha nova etapa" na que contará con "todo o mundo, sen exclusións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta