A Plataforma Mina O Pino-Touro pide arquivar o proxecto para drenar as augas ácedas da explotación

Denuncian a apertura dun novo proxecto que permitiría a vertedura encuberta de augas residuais da industria mineira.

Por Galicia Confidencial | O Pino-Touro | 28/10/2021 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

A Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non solicita nun comunicado o arquivo do “Proyecto de drenaje integral de la concesión de explotación San Rafael”  no Concello de Touro. Xunt a isto, a Plataforma esixe un plan de restauración que elimine a drenaxe de auga áceda da mina.

Atalaia Mining, empresa que quere explotar a mina de Touro. EUROPA PRESS - Arquivo
Atalaia Mining, empresa que quere explotar a mina de Touro. EUROPA PRESS - Arquivo

Segundo lembra a Plataforma, en xullo de 2018 a raiz dunha inspección da Xefatura de minas “constátase a drenaxe áceda de mina nos regos con gravísimos danos ás augas de dominio público hidráulico”. A partir dese documento solicitouse á empresa Explotaciones Gallegas, propietaria dos terreos, realizar unha modificación do sistema de xestión das augas para impedir a drenaxe áceda.

No documento emitido este xoves pola Plataforma Veciñal, sinálase a existencia dun novo proxecto en exposición pública que “lonxe de supoñer unha mera declaración de obras no Dominio Público Hidráulico (DPH) , son proxectos de autorización de vertidos de augas residuais industriais”. Acusan á empresa San Rafael de usar eufemismos para poder realizar as obras de drenaxe, cualificando as augas ácedas como “augas pluviais”.

Denuncian ademais que resulta imposible de saber quen é o verdadeiro promotor do proxecto “sendo a peticionaria da autorización distinta da peticionaria do proxecto”. Estiman que esta indefinición da identidade “parece unha tentativa de diluir no futuro as responsabilidades derivadas nunha maraña de folios onde veñen a recoñecer que estes proxectos son para dar servicio á mina”.

A Plataforma considera que se está ignorando  a “Declaración de impacto ambiental negativa da actualización do proxecto de explotación da C.E. San Rafael 2946, publicada noDOG Núm. 26. Venres, 7 de febreiro de 2020, mediante anuncio do 29 de xaneiro de 2020”, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.  Esta DIA desfavorable dictouse tendo en conta “principalmente, as consideracións recollidas nos informes emitidos por Augas de Galicia e pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta