Detido un home por agredir a súa parella diante do fillo menor de idade en Pontevedra

Os axentes trasladaron ao home ás dependencias policiais para a súa posta a disposición xudicial.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 28/10/2021 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

Un home de 30 anos de idade foi detido pola Policía Local de Pontevedra como presunto autor dun delito de violencia de xénero por agredir á súa parella diante do seu fillo, menor de idade.

Segundo informaron por parte da Xefatura da Policía Local de Pontevedra, os feitos tiveron lugar o pasado martes 26 de outubro, sobre as 17,45 horas, cando os axentes recibiron o requirimento dun familiar dunha muller para que acudisen a un domicilio do municipio para atender unha vítima de violencia de xénero.

Durante o transcurso dunha disputa familiar, o home agrediu violentamente a súa esposa, segundo o relato recollido polos axentes municipais. Segundo detallan, o presunto agresor tirou á vítima ao chan e propinoulle reiteradas puñadas en todo o corpo, ante a presenza do fillo da parella, un menor de idade.

Tras a agresión, o home abandonou a vivenda familiar e os axentes lograron localizalo noutro domicilio. Ante a presenza policial, o home recoñeceu a agresión e indicou que dera puñadas en varias partes do corpo da muller, ademais de mordela no brazo.

Os axentes procederon á súa detención e trasladaron a este veciño de Pontevedra ás dependencias policiais para a súa posta a disposición xudicial.

Manifestación polo 8M en Vigo. MARTA VÁZQUEZ
Manifestación polo 8M en Vigo. MARTA VÁZQUEZ | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta