Pacto entre os Caballero, Abel e Gonzalo, en Vigo para o Congreso do PSOE

Hai quen ve neste acordo un apoio explicito do tío ao sobriño na carreira pola Secretaría Xeral do PSdeG cuxas eleccións son esta fin de semana.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/10/2021 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

O aspirante a revalidar a Secretaría Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o alcalde de Vigo, Abel Cabellero, selaron un acordo para configurar unha lista de unidade ao XVI Congreso que o Partido Socialista celebrará os próximos días 7 e 8 de decembro.

Este anuncio prodúcese a dous días de que os socialistas galegos celebren primarias para elixir o seu Secretario Xeral para o próximos catro anos nas que se enfrontarán o propio Gonzalo Caballero e o secretario xeral do PSOE provincial da Coruña, Valentín González Formoso. De cara a este proceso, o rexedor de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, asegurou que non participaría en ningunha das presentacións oficiais dos candidatos.

Do acordo informou a candidatura de Gonzalo Caballero nun comunicado remitido aos medios, no que dá conta das distintas reunións mantidas este xoves polo dirixente socialista con militantes nos municipios coruñeses de Narón, Cambre, Oleiros e Culleredo.

O candidato a revalidar a dirección do PSdeG tamén participou nunha ofrenda floral a Pablo Iglesias en Ferrol, desde onde puxo en valor este acordo para "facer unha lista de unidade da agrupación socialista de Vigo", que é a súa agrupación de face ao congreso.

Este pacto, en palabras de Gonzalo Caballero, "representa a vía de integración e fortalecemento do partido" que vai levar adiante no próximos catro anos. Caballero sinalou a "boa sintonía" co alcalde de Vigo, con quen asegurou compartir que hai que "combater as políticas Feijóo e do PP sen complexos nin conivencias cando non fan ben as cousas".

Por iso, sinalou que ofreceu a Abel Caballero que encabezase unha lista de unidade dos 24 delegados e delegadas de Vigo ao 14 Congreso Nacional do PSdeG e destacou a "boa sintonía" mostrada polo alcalde ao aceptar liderar esa candidatura e a unidade de toda a agrupación. "É o modelo que queremos para o futuro do PSdeG", sinalou Gonzalo Caballero, que lembrou que el mesmo impulsou unha candidatura de unidade ao Congreso Federal do PSOE.

En paralelo, Gonzalo Caballero puxo en valor o modelo de Vigo como unha referencia que contribúe a fortalecer o proxecto socialista en Galicia. "Un éxito de xestión dun goberno local cunha alcaldía á fronte que non renuncia a confrontar con Feijóo e a plantarlle cara ás políticas da dereita na Xunta, tan prexudiciais para a maioría dos galegos e das galegas", recalcou.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, nun acto en Vigo o pasado sábado. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, nun acto en Vigo o pasado sábado. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta