Aprazada a elaboración dos orzamentos de Santiago mentres non coñeza o impacto do fallo sobre plusvalía

O alcalde da cidade, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, confirmou que o contrato para a xestión das multas municipais de áreas como a de tráfico será prorrogado e continuará sendo prestado pola empresa externa que exerce estas funcións desde o ano 2018.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2021 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago decidiu aparcar a elaboración dos orzamentos para 2022 ata coñecer o impato sobre a sentenza do Tribunal Constitucional contra ell Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana, coñecido como plusvalía municipal; que representa ao redor de 3 millóns de euros en recadación para as arcas municipais da capital galega.

Así o avanzou o rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa celebrada este venres, onde sinalou que, a expensas de coñecer "en detalle" o fallo no que o TC declara inconstitucional as plusvalías, o goberno local pospón o proceso para a elaboración das contas do próximo ano.

Bugallo, que lembrou que a intención do executivo que encabeza era iniciar contactos cos grupos en novembro para contar cun borrador antes de final de ano, incidiu en que é "moi difícil" configurar os orzamentos sen saber o impacto inmediato da decisión do Constitucional sobre un imposto que supón o 3% da recadación municipal.

"Veremos que decisións temos que tomar nós", sinalou o rexedor santiagués, que engadiu que, a falta de que se faga público en que modo afecta os concellos, a incerteza respecto diso trastorna os plans do goberno local.

PRÓRROGA DO CONTRATO DE XESTIÓN DE MULTAS

Por outra banda, Bugallo confirmou que o contrato para a xestión das multas municipais de áreas como a de tráfico será prorrogado e continuará sendo prestado pola empresa externa que exerce estas funcións desde o ano 2018.

O rexedor apuntou este feito tras o debate no pleno municipal do xoves dunha iniciativa da oposición, que reclamou en bloque un sitema alternativo para a xestión das multas con preferencia pola asunción destas tarefas a través da propia administración municipal.

Bugallo sinalou que isto último é "imposible" pola falta de recursos humanos e materiais no persoal do concello. "Non hai posibilidade real", dixo o primeiro edil de Santiago, que asegurou que a recadación por multas de tráfico en 2020, ano marcado pola pandemia de covid, mantívose en niveis similiares a exercicios anteriores.

Así, defendeu que a externacionalización destas funcións permitiu incrementar a capacidade de xestión das multas, que "antes se limitaban a un papel nun coche" que, segundo Bugallo, "non se chegaban a cobrar".

Por tanto, dixo que a prórroga do contrato coa actual concesionaria "é inevitable" porque "non hai tempo para facer outra cousa". "Estamos dispostos a estudar hipótese, pero mentres non se modifique a taxa de reposición de efectivos (para o persoal municipal), nin é viable nin é efectivo", comentou.

PISOS E TAXA TURÍSTICA

Asismismo, Bugallo avanzou que o concello recorrerá a nova sentenza que dá a razón aos propietarios de vivendas turísticas no centro histórico, un fallo que, segundo o rexedor, non supón "nin a legalización nin unha licenza" de funcionamento.

Neste sentido, incidiu en que o fallo do TSXG, que se suma a outros xa emitidos na mesma liña, "non fai referencia" á "base" do asunto e si a "determinadas cuestinoes de procedementos"; polo que os servizos xurídicos municipais traballan xa no recurso.

Ademais, o alcalde púxose de perfil sobre a posible implantación dunha taxa turística na cidade, un debate aberto durante o pasado mandato con Compostela Aberta no goberno local e que se reavivou tras o pronunciamento da concelleira de Facenda, Marta Abal, que se mostrou partidaria da medida.

"Non ten sentido que me poña a falar de hipótese", respondeu Bugallo, cuestionado sobre unha cuestión que, como lembrou, fai necesaria para a súa implantanción en Galicia dunha lei habilitante a nivel autonómico.

Por tanto, o rexedor defendeu que "non ten sentido" expresar se está a favor do seu implantanción porque "é unha decisión que ten que tomar a comunidade autónoma" e "non ten nada que reclamar" o concello.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta