O Sergas detecta na Coruña os tres primeiros casos da variante Delta Plus

Chegou desde Bélxica e Italia. Núñez Feijóo advertiu que descoñecen a resposta da variante ás vacinas administradas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/10/2021 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde detectou na Coruña os tres primeiros casos do variante Delta Plus do coronavirus SARS-CoV-2, concretamente en dous cidadáns chegados de Bélxica e un de Italia. Así o avanzou este venres o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comparece ante os medios no I Atopo Andalucía-Galicia. A 22 de outubro de 2021, en Sevilla (Andalucía, España).. María José López - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comparece ante os medios no I Atopo Andalucía-Galicia. A 22 de outubro de 2021, en Sevilla (Andalucía, España).. María José López - Europa Press

A Delta Plus é unha variante "que ten entre un 12 e un 15 por cento máis de capacidade contaxiosa", polo que, tal e como advertiu, aínda se "descoñece a resposta ás vacinas" administradas ata agora. "É a variante que máis preocupa nestes momentos", recoñeceu Feijóo.

Ante a chegada xa confirmada desta nova cepa e a posible circulación do virus da gripe, o presidente da Xunta chamou á prudencia ante a proximidade do inverno. Así, apuntou á "importancia" de que os establecementos empreguen medidores de dióxido de carbono, de que estean correctamente ventilados e de que a xente siga empregando as máscaras nos interiores.

Esta advertencia lanzouna ante o lixeiro aumento dos casos activos de covid-19 nos últimos días, aínda que Galicia "segue sendo a comunidade autónoma con menor incidencia a 7 e a 14 días e con menor ingresos en planta e en uci". "Seguimos tendo a mellor situación de España", constatou Feijóo.

De feito, estimou que mentres en Galicia a taxa de incidencia a 7 días é de 9,6 por cada 100.000 habitantes, a media estatal sitúase nos 23,8. Á súa vez, a 14 días, a incidencia en Galicia está en 17 mentres que en toda España está en 49,6.

Tamén subliñou que a taxa de positividade sitúase no 1,1% e a nivel estatal este é "máis do dobre": 2,5 contaxios por cada 100 probas PCR realizadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta