As oposicións en Galicia faranse a partir de agora sen obriga de plan de prevención de contaxios

Si seguen vixentes outras medidas, como o uso de máscara obrigatoria, o rexistro de asistentes ou a ventilación.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/10/2021 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

Os procesos selectivos que levan a cabo as administracións públicas e entidades do sector público realizaranse, a partir de agora, sen obriga de prevención de contagios fronte á covid-19. Con todo, seguen vixentes outras medidas como o uso de máscara obrigatoria, o rexistro de asistentes --que debe ser custodiado un mes máis despois do evento-- e outras tarefas como ventilación.

Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela
Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela | Fonte: XUNTA.

A Xunta vén de suprimir este requisito a través dunha modificación publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG)-bis deste xoves 28 de outubro. Nela, suprímese a obrigatoriedade de presentar este plan de prevención.

Entre a normativa para a realización de procesos selectivos, está a obriga de que os asistentes teñen que permanecer sentados, medidas para evitar aglomeracións e manter a máxima separación entre os aspirantes.

A organización debe prever a apertura de todas as portas dispoñibles coa antelación suficiente, débense organizar as entradas e saídas para evitar aglomeracións de persoas, tanto nos accesos como nas inmediacións e distribuirán proporcionalmente ás persoas entre as portas dispoñibles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta