A nova e esperada película do director de "Dhogs" competirá no Festival Internacional de Cinema de Xixón

"Welcome to Ma Maison" é segunda longametraxe do director lucense Andrés Goteira.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/10/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Tras a súa ópera prima "Dhogs", a máis galardoada do audiovisual galego con 13 Premios Mestre Mateo e outros moitos recoñecementos no resto do mudo, o director lucense Andrés Goteira presenta a súa nova e esperada película "Welcome to Ma Maison" no Festival Internacional de Cinema de Xixón.

Unha das secuencias de Dhogs
Unha das secuencias de Dhogs

A película, que competirá no prestixioso festival asturiano, está protagonizada polo actor lucense Igor Fernández e terá a súa premier mundial o próximo 21 de novembro na sección oficial Tierres en Trance.

"Welcome  to  ma  maison" é unha longametraxe que inicia unha viaxe cara Los Ángeles 

para coñecer ao director de cinema  Nicolas Winding  Refn e, ao non  atopar o seu rumbo, camiña cara ao interior do seu protagonista  "percorrendo a difusa liña entre o actor, a persoa e o personaxe". Trátase dun falso documental construído con "imaxes reais, sentimentos sinceiros e problemas verdadeiros".

A cinta, rodada en galego, castelán e inglés, foi producida  por  Gaitafilmes en coprodución con Dentada Films e conta coa  subvención da  Axencia  Galega de Industrias  Culturais (AGADIC) da Xunta  de Galicia, e a Deputación Provincial de Lugo. Ademais da  participación da Televisión de Galicia e a colaboración do  Concello de Meira e  Gadis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta