A Deputación da Coruña mostra o seu rexeitamento á expresión "Galicia profunda", que ve "inadmisible"

Fíxoo nun pleno no que se aprobaron tamén investimentos

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 29/10/2021 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña mostrou, no pleno celebrado este venres, o seu "profundo rexeitamento" á utilización da expresión 'Galicia profunda', "un cualificativo pexorativo e inxustificado que é inadmisible en calquera contexto, e máis nunha resolución xudicial".

Pleno da Deputación da Coruña
Pleno da Deputación da Coruña | Fonte: Europa Press.

Así o acordou nunha sesión plenaria e en relación ao auto dun xulgado de Marbella que retira a custodia a unha nai que reside en Muros  por levar o fillo sen permiso do pai, pero alegando outros argumentos, entre eles o lugar de residencia.

O pleno provincial fixo tamén este venres unha declaración institucional para unirse ao compromiso de levar a cabo unha reconstrución poscovid baseada na enerxía limpa, a mobilidade sustentable, a eficiencia enerxética, o incremento da biodiversidade, a eliminación da contaminación e a loita contra cámbioo climático

Doutra banda, o pleno provincial rexeitou a moción presentada polo grupo da Marea Atlántica para instar á Xunta de Galicia a establecer unha moratoria eólica completa en todo o territorio galego. A Corporación provincial si deu luz verde por unanimidade á moción presentada pola Marea Atlántica para establecer servizos de apoio ás persoas migrantes, sobre todo nos pequenos concellos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta