Mondariz etiqueta en galego os seus novos refrescos

A empresa pontevedresa amplía a súa nova gama de productos lanzando Mondariz Sport, Mondariz Té Premium e Mondariz Premium Cola e incorpora o idioma do país ao etiquetado.

Por GC Tendencias | Mondariz | 03/03/2014 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Despois dunha dilatada experiencia no mundo da auga con máis de 140 anos de experiencia, Augas de Mondariz abre unha nova liña de negocio, Mondariz Refrescos, unha gama de refrescos saudables, elaborados con auga de Mondariz e sen azucres.

Refrescos de Augas de Mondariz
Refrescos de Augas de Mondariz

Tres son os produtos cos que presentamos esta nova gama: Mondariz Sport, Mondariz Té Premium e Mondariz Premium Cola. A empresa di que "todas estas bebidas sorprenden polo seu excelente sabor, calidade e baixa achega calorífica".

A compañía engade "para reforzar a nosa orixe galega, decidimos etiquetar todas as nosas latas en idioma galego, ademais de en castelán e en inglés". Todos estes produtos xa se poden adquirir tanto en bares e cafetarías coma en establecementos de alimentación.

Estes novos refrescos incorpóranse ao noso portfolio de produtos actual que, ademais de auga sen gas e con gas, conta con Mondariz Frutas: néctares de froitas en catro sabores: piña, melocotón, laranxa e cenoria con laranxa, os cales se enriqueceron con vitaminas antioxidantes e non conteñen azucres engadidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Vimianzo

A min o da lingua dáme o mesmo, son cliente pq é a mellor auga do mercado.

3 ANY

a piña é ANANÁ o melocotón é PEXEGO Non custará tanto poñelo ben, digo eu.

1 Lhou do Ribeiro

Piña e Melocotón están perfectamente escritos

2 lalala

Ademáis, un melocotón non é o mesmo cun péxego (ou pexego)

2 Celanova

Estes refrescos xa fai meses que saíron: http://carnelao.wordpress.com/2014/...

1 Vigues de toda a vida

Bravo! Por certo, ganharam um cliente (ate o de agora nem agua lhes comprava)