Facenda ve nos fondos europeos unha oportunidade para "modernizar" a economía

O conselleiro de Facenda lamenta que a repartición vaia "máis amodo do que nos gustaría".

Por E.P. | A CORUÑA | 02/11/2021 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, reivindicou a oportunidade dos fondos europeos Next Generation para a "modernización" da economía, coincidindo coa súa intervención nunhas xornadas organizadas pola Universidade da Coruña (UDC) sobre os mesmos.

En declaracións aos xornalistas, o conselleiro lembrou que estes fondos "xa están a chegar", a través da repartición que se está facendo por conferencias sectoriais. "Máis amodo do que nos gustaría, pero xa se están iniciando os proxectos para executalos", expuxo.

Por outra banda, dixo que "boa parte da modernización da economía depende destes fondos". "Galicia nos orzamentos do próximo ano xa dotou máis de 500 millóns de euros para executar fondos Next Generation, agora temos que ser capaces de xestionalos con éxito", engadiu o conselleiro. Para iso, indicou que se prestará atención á flexibilización dos procedementos administrativos.

Sobre estas axudas, precisou tamén que se trata de fondos que "xa veñen predeterminados". "A comunidade autónoma non elixe o destino deses fondos, é cada ministerio o que decide cales son os obxectivos de cada recurso, onde se teñen que empregar e que temos que lograr".

OFICINA NA UDC

Pola súa banda, o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, anunciou a posta en marcha dunha oficina para o seguimento das partidas e para a xestión das axudas que reciba a universidade, para o que se está formando a persoal.

"Algunhas xa chegaron", dixo o reitor sobre as axudas. En concreto, cifrou en 2,6 millóns as destinadas a infraestrutura de investigación; cinco millóns, en tres anos, para persoal e 1,1 millóns para dixitalización. Preguntado polas partidas para a Cidade do TIC, apuntou que "vai por outra vía", ao non estar incluído no financiamento universitario.

Miguel Corgos
Miguel Corgos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta